miércoles, 13 de mayo de 2020

Reflexión final

Chegou o momento de reflexionar sobre o noso proxecto final...

Finisterra, Fisterra, Fin Del Mundo, Galicia, Faro

O curso está a piques de rematar, e por parte do grupo CLAK, queremos deixar por aquí a nosa última reflexión sobre todo o traballo que levamos a cabo. Polo tanto, cómpre destacar que a asignatura de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria foi unha das mellores do nosos primeiro ano de carreira! Aprendimos moito coa axuda de todos/as mestres/as que estiveron con nós, tanto nas clases prácticas como teóricas. Podemos dicir que a día de hoxe dominamos moi ben o terreo da tecnoloxía e sabemos como elaborar un montón de recursos para o noso futuro alumnado!


A continuación cada integrante deste grupo expón unha reflexión individual:

"Para min, a asignatura de NNTT foi excepcional, grazas a ela coñezo mellor as diversas utilidades que nos da a rede. A elaboración de cada unha das tarefas foi moi interesante e doada grazas ao bo grupo que formamos. Nós eliximos centrarnos na temática mariña, para poder tratar así, dunha maneira transversal, todo tipo de problemáticas que xiran en torno ao mar. No proxecto final aparece reflexado todas as tarefas e recursos dun xeito conxunto, en forma de revista dixital, e  en xeral, estou moi satisfeita co traballo realizado!" (Laura Carelli Cortizo)

"Sen dúbida esta asignatura para min foi dunha das que máis aprendín neste ano de carreira. Considero que foi moi ben plantexada e que tanto a teoría, pero sobre todo as prácticas proporcionáronnos información de moita utilidade á hora de nun futuro elaborar os nosos recursos para aplicar nas nosas aulas e tamén mesmo para empregalas nos anos que nos quedan de carreira. 
A temática que escollimos foi o mundo mariño e os resultados considero que foron positivos. 
Estou moi satisfeita co traballo realizado, cos meus compañeiros Laura, Kevin e Alba, que son persoas coas que me resultou moi sinxelo realizar todas as actividades e tamén cos docentes da materia que sempre nos botaron unha man cando o precisabamos e aínda máis cando comezou esta situación complicada na que aínda nos atopamos. 
Aprendín moito e estou moi contenta en todos os aspectos!" (Camila Barros Kustrín)

"A miña experiencia en canto a esta materia foi máis que satisfactoria xa que aprendín moitas cousas novas da tecnoloxía que antes descoñecía. As actividades que se nos ofreceron foron moi didácticas e creativas, como a creación do video ou a elaboración de actividades lúdicas a través de EdiLim. En canto ao grupo que formamos CLAK, podo dicir que nos integramos moi ben e cada un/ha de nós aportou o seu grao de area para levar a cabo este traballo dunha maneira divertida e entretida. Escollimos o mundo mariño como temática do noso proxecto xa que é un tema moi relevante no mundo no que vivimos, e cremos que é moi importante que nós, como futuros e futuras docentes, traslademos aos nenos e nenas a mellor forma de coidalo, xa que o día de mañá será  deles/as dos que dependa a continuidade do mar e dos múltiples seres vivos que conviven nel." (Kevin Abalde Rodríguez) 

"Para min esta asignatura foi moi interesante, coa que aprendín moitas cousas que me serán de gran utilidade cando imparta como docente. A teoría estivo moi ben complementada coas prácticas semanais, e grazas a estas a asimilición dos contidos foi moito máis doado. O tema escollido polo meu grupo foi o mundo mariño e creo que os resultados do traballo realizado foron moi bos. Os esforzos realizados por Kevin, Camila, Laura e eu para poder realizar as actividades da manera máis correcta posible foron moi grandes, e máis na situación que estamos a vivir neste segundo cuatrimestre. A pesar das dificultades que se cruzaron polo camiño soubemos solucionalas sen ningún problema, por iso estou moi contenta co meu grupo de compañeiros/as. En conclusión, grazas a esta asignatura aprendín gran cantidade de cousas novas que poñerei en práctica a partir de agora." (Alba Barreiro García)

viernes, 3 de abril de 2020

Webquest

A NOSA WEBQUEST!



link: https://sites.google.com/view/asobrepesca/p%C3%A1gina-principal

lunes, 23 de marzo de 2020

Actividades interactivas

TEMPO DE REFLEXIÓN!



Bombilla De Luz, Bombilla, Luz, Energía, Electricidad



Para a elaboración dun recurso de actividades interactivas dispoñiamos de numerosas ferramentas, como por exemplo: Kahoot, Kubbu, Andora, hot Potatoes...etc. Nós decidimos elixir a ferramenta EdiLIM, xa que nos pareceu moi atractiva e nos daba a oportunidade de crear actividades moi interesantes para os nenos e nenas. Concretamente, trátase dunha ferramenta de autor que tivemos que instalar. A través da mesma, cada membro do grupo elaborou as súas actividades correpondentes para despois unilas todas nun mesmo libro. Estas actividades implicarán indentificar, clasificar, relacionar, ordear...etc. Podemos constatar polo tanto que o proceso de realización foi rápido, sinxelo e moi divertido.

A continuación amosámosvos o link que vos levará ao noso recurso, esperamos que vos guste moito!!

   https://www.chiscos.net/xestor/chs/clakb1/la_vida_marina/la_vida_marina.html

martes, 3 de marzo de 2020

Reflexión recurso audiovisual

TEMPO DE REFLEXIÓN!

Pregunta, Preguntas, Hombre, La Cabeza, Éxito, Lámpara

Consideramos que os resursos audivisuais son boas ferramentas para concienciar aos nenos e nenas de maneira clara sobre diversos temas ou problemáticas da actualidade. Concretamente, no noso caso traballamos sobre a contaminación e a repercusión que ten na vida mariña.
En canto ás ferramentas suxeridas, como por exemplo powtoon consideramos que poder ser útil xa que permítenos introducir texto, sons, imaxes, audios de voz... e facer así que a creación do recurso dixital sexa máis sinxelo.

miércoles, 19 de febrero de 2020

O noso póster dixital de recursos





REFLEXIÓN:

A busca de recursos pareceunos unha actividade entretida e sinxela de realizar a través da cal poidemos descubrir diversos xogos interactivos e vídeos moi interesantes para integrar na aula. A través dos mesmos, podemos animar ao alumnado ao uso das TIC á vez que aprenden diversos contidos das diferentes materias. Concretamente, o noso grupo centrouse na temática mariña e destacamos a abundante cantidade de recursos atopados, ademais da concienzación que exercen algunhas das actividades elixidas (por exemplo: concienciación sobre a importancia de manter limpas as praias).
Ademais, a posterior creación do póster dixital resultou ser moi divertida, poidemos expresar a nosa creatividade e pensamos que é unha maneira moi atractiva de recoller a información.


Verde Azulado Negrita Foto de Playa Póster de clak

martes, 18 de febrero de 2020

Os recursos dixitais

TEMPO DE REFLEXIÓN! 

Pensamiento, Idea, Innovación, Imaginación, Inspiración


"Elexín estes recursos para o blog xa que me pareceron atractivos e inovadores. Nun, preséntansenos os diferentes tipos de peixe que podemos atopar no mar e, no outro, anímasenos a coidar o mar e as diferentes especies que viven nel xa que é moi importante para a nosa vida". (Kevin Abalde)



"En canto aos recursos que recollín para o blog, parecéronme uns materiais moi interesantes e didácticos que poden axudar á aprendizaxe dos nenos e nenas de educación primaria, así como un apoio para poder comprender a través de xogos e materiais audiovisuais cuestións importantes do mundo mariño". (Alba Barreiro)



"Os recursos que escollín para o blog, considero que son atractivos xa que por unha banda, a canción é un recurso entretido no que os nenos e nenas aprenden visualmente e dunha maneira divertida. Por outra banda, o conto tamén xera interese no alumnado e relata unha historia que transmite ao alumnado a importancia de ter una boa alimentación así como de coidar o medioambiente". (Camila Barros)



"Referíndome aos recursos empregados para o blog (un vídeo interactivo de vocabulario mariño e unha actividade sobre os elementos da paisaxe costeira), cómpre destacar que os dous me parecen óptimos. Aínda así, é de máxima importancia ter en conta algúns detalles a mellorar, como por exemplo evitar empregar o masculino xenérico, será imprescindible que os recursos dos que fagamos uso na aula estén exentos de calquera aspecto que cuestione a igualdade de xéneros. Por outra banda, un punto moi positivo que vin no recurso "Paisaxe de costa" é que trata de concienciar ao alumnado da importacia de manter as praias limpas e coidar así o noso planeta". (Laura Carelli)



Links dos recursos utilizados:
-https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazo/repositorio/cont/os-arroases-distribucion-e-venda-de-peixe
-https://www.youtube.com/watch?v=6UFu3fCvAxY
- https://www.youtube.com/watch?v=bGkQ24UOk2Y&feature=emb_logo
-https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazo/repositorio/cont/o-parque-nacional-maritimo-terrestre-das-illas-atlanticas
- https://www.youtube.com/watch?v=R93ce4FZGbc
- https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/espazo/repositorio/cont/naufraxio-enconserva-conto
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/espazo/repositorio/cont/paisaxe-de-costa
https://www.youtube.com/watch?v=Fe-AmoBtp_A

martes, 4 de febrero de 2020

Cal será o tipo de proxecto?


Signo De Interrogación, Pregunta, Mark, Símbolo, Signo

O noso grupo escolleu o proxecto da revista dixital porque considera que é unha plataforma moi accesible para todo o alumnado  para usala  tanto dentro como fóra do centro escolar.


A nosa elección está motivada pola visualización de diversos blogs desta área educativa, así como os dos nosos antigos centros, que nos axudaron a obter información sobre ámbitos de interese e actividades que se estaban a realizar, como por exemplo conmemoracións.

sábado, 1 de febrero de 2020

Expectativas da materia

Benvid@s ao noso blog! A través desta plataforma iremos presentando os contidos que traballaremos relativos á materia de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria. Este blog estará formado por catro estudantes de primeiro curso do grao, e a continuación mostraremos as nosas expectativas previas sobre a asignatura de forma individual.
Extraterrestre, Robot, Android, Antenas, Azul
     
"Na miña iniciación a esta materia atópome contento e con ganas de aprender os contidos dun ámbito que non coñezo demasiado. Desperta en min moito interés xa que me parece fundamental para a vida educativa de hoxe en día". (Kevin Abalde Rodríguez)

"Nesta primeira toma de contacto coa materia, pareceume unha cuestión moi innovadora e necesaria para poder traballar cos rapaces de Educación Primaria, que lles sirvan de soporte nas súas aprendizaxes. Hoxe xa puiden avanzar un pouco máis neste ámbito no que non tiven nunca unha boa especialización". (Alba Barreiro García)

"Nesta sesión inicial, a sensación que me dá a asigatura é de ser moi interesante para o día a día na aula, xa que aprenderemos a usar ferramentas que potencien actividades máis didácticas na clase coas que os nenos e nenas aprendan de forma máis divertida". (Camila Barros Kustrín)

"A materia de novas tecnoloxías paréceme unha maneira interesante de achegarme máis ao ámbito tecnolóxico e poder enfocalo así dunha maneira creativa á educación. As miñas primeiras impresións resultaron moi boas e considero que será unha ferramenta útil que me axudará nun futuro, polo que me presento con ilusión por acadar novos coñecementos". (Laura Carelli Cortizo)