Benvid@s ao noso blog! A través desta plataforma iremos presentando os contidos que traballaremos relativos á materia de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria. Este blog estará formado por catro estudantes de primeiro curso do grao, e a continuación mostraremos as nosas expectativas previas sobre a asignatura de forma individual.
"Na miña iniciación a esta materia atópome contento e con ganas de aprender os contidos dun ámbito que non coñezo demasiado. Desperta en min moito interés xa que me parece fundamental para a vida educativa de hoxe en día". (Kevin Abalde Rodríguez)
"Nesta primeira toma de contacto coa materia, pareceume unha cuestión moi innovadora e necesaria para poder traballar cos rapaces de Educación Primaria, que lles sirvan de soporte nas súas aprendizaxes. Hoxe xa puiden avanzar un pouco máis neste ámbito no que non tiven nunca unha boa especialización". (Alba Barreiro García)
"Nesta sesión inicial, a sensación que me dá a asigatura é de ser moi interesante para o día a día na aula, xa que aprenderemos a usar ferramentas que potencien actividades máis didácticas na clase coas que os nenos e nenas aprendan de forma máis divertida". (Camila Barros Kustrín)
"A materia de novas tecnoloxías paréceme unha maneira interesante de achegarme máis ao ámbito tecnolóxico e poder enfocalo así dunha maneira creativa á educación. As miñas primeiras impresións resultaron moi boas e considero que será unha ferramenta útil que me axudará nun futuro, polo que me presento con ilusión por acadar novos coñecementos". (Laura Carelli Cortizo)

No hay comentarios:
Publicar un comentario